SEMANA DO LIBRO NA ESCOLA INFANTIL DE OIA

Con motivo do “Día do Libro” na escola fixéronse unha serie de actividades e obradoiros encamiñadas especialmente á animación á lectura. Na que os nenos e nenas poderon disfrutar de múltiples experiencias relacionadas cos libros, a lectura, a fantasía que evocan…

En primeiro lugar, na aula de 2 -3 creouse a biblioteca de aula, un espazo no que as crianzas teñen ao seu alcance libros e contos que poden manipular, así como tamén un espazo de “sanación de contos” lugar ao que van os libros cando están rotos para ser arranxados.

  

Aquí tendes o noso espazo de arranxo de libros

   

Outra das actividades que se levaron a cabo, é a interpretación por parte do persoal da escola do conto “O Coelliña Branco” en sombras chinescas.

    

Outra actividade moi  interesante que levamos a cabo foi a de invitar ás familias a que viñeran a contar un conto e a verdade é que tivo moi boa aceptación. As mamás participaron moito e averdade é que todas o fixeron xenial.

Mamá de David e de Victor e Andrés:

   

Mamá de Carla e de Lucas (con Celia a súa irmá)

   

Mamá de Ainara e de Noa

   

E a mamá de Aitor

   

 

MOITAS GRAZAS!!!!

E por último, unha actividade que lles gustou moito foi a saída didáctica á biblioteca do cole de Oia, que xa é toda unha tradición. Para levar a cabo esta saída, puxémonos en coordinación con Sofía, a xefa de estudos do colexio, que foi a que leu o conto aos nenos, e á que lle agradecemos a súa colaboración con nos. Pero unha vez máis tamén lle temos que agredecer a Victoria, Mari (mamá de Noa) e Mari (mamá de Candela) que viñeran a axudarnos. Foi todo un éxito!! Mirade que ben o pasaron os nosos neniños…

       

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará