SACHANDO NA HORTA!!

Queridos lectores, en primeiro lugar queremos presentar as nosas disculpas por semellante abandono do blogue, pero si serve de algo, o equipo da Escola Infantil de Oia, comprométese a poñervos máis ao día acerca do que está a acontecer nestes lares.

 

Para comenzar, dicir que durante o mes de abril e o pouco que levamos de maio a escola está poñendo en funcionamento a nosa horta. Para isto, tivo que vir a axudarnos o avó de Xan (que temán se chama Xan) a remover a terra para que pudéramos plantar.

 

                             

 

 

 

 

 

 

Unha vez que tiñamos a terra preparada para plantar todo foi moi doado, na aula vimos e aprendimos os nomes das hortalizas e herbas que íamos plantar: menta, millo, leituga, tomates, etc. Despois, as profes Ana e Sonia axudaron aos nenos e nenas a plantalas. Os nenos o pasaron xenial!!

                                                      

Para complementar a posta en marcha da horta, os nenos e nenas fixeron un mural precioso estampando froitas e hortalizas con pintura, este foi o resultado:

           

                  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará