Arquivos mensuais: Maio 2011

POMPAS DE XABÓN!!!

Na clase dos nenos e nenas de 1 – 2 fixeron unha experiencia chulísima… Fixeron Pompas de xabón!! Para levar a cabo  esta actividade contamos coa axuda de Beni, a mamá de Inés, que nos deixou a receita e os aros para facer as pompas. Foi unha actividade moi estimulante e divertida para as crianzas xa que lles permite ver a transformación das cousas: un líquido nunha gaveta convértese nunha esfera transparente que si a tocas se rompe… será cousa de maxia?

 

AS LETRAS GALEGAS

Na escola de Oia quixemos festexar o Día das Letras Galegas ao grande, para iso, invitamos a unhas persoas moi importantes.

En primeiro lugar, o luns viñeron a nai de Hugo, de Xan e de Ainara a tocarnos a gaita e a pandereta. O fixeron xenial e as nenas e nenos bailaron moítisimo. Nos cantaron cancións como: A Maruxiña, A Carolina, O pirimpipín, a Muiñeira de Chantada, entre outras. Estiveron moi ben e lles damos a grazas. Estas son algunhas das fotos que sacamos.

03-a-maruxina

        

O mércores seguinte tivemos outra ilustre visita, a nai de Aitor e a tía de Andrés e Victor viñeron a tocar a pandereta e cantar unhas cancións da tradición galega. Este día ademais, os nenos e nenas acompañaron ás cantadeiras tocando as cunchas. Nun principio estaban moi sentadiños escoitando, pero logo soltáronse máis e comezaron a bailar. Moitas grazas!!

              

Para rematar, déixovos un enlace dun video no que un grupo de nenos e nenas de 5 anos representa a través da expresión corporal unha poesía de Lois Pereiro que se titula: “Revisando os danos”. Espero que vos guste.

http://vimeo.com/23489631

SEMANA DO LIBRO NA ESCOLA INFANTIL DE OIA

Con motivo do “Día do Libro” na escola fixéronse unha serie de actividades e obradoiros encamiñadas especialmente á animación á lectura. Na que os nenos e nenas poderon disfrutar de múltiples experiencias relacionadas cos libros, a lectura, a fantasía que evocan…

En primeiro lugar, na aula de 2 -3 creouse a biblioteca de aula, un espazo no que as crianzas teñen ao seu alcance libros e contos que poden manipular, así como tamén un espazo de “sanación de contos” lugar ao que van os libros cando están rotos para ser arranxados.

  

Aquí tendes o noso espazo de arranxo de libros

   

Outra das actividades que se levaron a cabo, é a interpretación por parte do persoal da escola do conto “O Coelliña Branco” en sombras chinescas.

    

Outra actividade moi  interesante que levamos a cabo foi a de invitar ás familias a que viñeran a contar un conto e a verdade é que tivo moi boa aceptación. As mamás participaron moito e averdade é que todas o fixeron xenial.

Mamá de David e de Victor e Andrés:

   

Mamá de Carla e de Lucas (con Celia a súa irmá)

   

Mamá de Ainara e de Noa

   

E a mamá de Aitor

   

 

MOITAS GRAZAS!!!!

E por último, unha actividade que lles gustou moito foi a saída didáctica á biblioteca do cole de Oia, que xa é toda unha tradición. Para levar a cabo esta saída, puxémonos en coordinación con Sofía, a xefa de estudos do colexio, que foi a que leu o conto aos nenos, e á que lle agradecemos a súa colaboración con nos. Pero unha vez máis tamén lle temos que agredecer a Victoria, Mari (mamá de Noa) e Mari (mamá de Candela) que viñeran a axudarnos. Foi todo un éxito!! Mirade que ben o pasaron os nosos neniños…

       

SACHANDO NA HORTA!!

Queridos lectores, en primeiro lugar queremos presentar as nosas disculpas por semellante abandono do blogue, pero si serve de algo, o equipo da Escola Infantil de Oia, comprométese a poñervos máis ao día acerca do que está a acontecer nestes lares.

 

Para comenzar, dicir que durante o mes de abril e o pouco que levamos de maio a escola está poñendo en funcionamento a nosa horta. Para isto, tivo que vir a axudarnos o avó de Xan (que temán se chama Xan) a remover a terra para que pudéramos plantar.

 

                             

 

 

 

 

 

 

Unha vez que tiñamos a terra preparada para plantar todo foi moi doado, na aula vimos e aprendimos os nomes das hortalizas e herbas que íamos plantar: menta, millo, leituga, tomates, etc. Despois, as profes Ana e Sonia axudaron aos nenos e nenas a plantalas. Os nenos o pasaron xenial!!

                                                      

Para complementar a posta en marcha da horta, os nenos e nenas fixeron un mural precioso estampando froitas e hortalizas con pintura, este foi o resultado: