DESCUBRIMOS OS OBXECTOS: EXPERIENCIAS (1º TRIMESTRE)

Na escola Infantil de Oia gústanos moito emporcarnos, por iso aproveitamos calquera cousa para poñernos ata arriba.

A partir da experimentación e exploración dos distintos obxectos e materiais da vida cotiá as crianzas descobren as súas propiedades: cheiros, texturas, cor, etc. Outro dos aspectos que pretendemos traballar con este tipo de actividades é o desenvolvemento sensorial fundamental nesta etapa educativa.

De seguido, vos ensinamos algunhas das experiencias que se levaron a cabo na escola. Moitas delas de xeito globalizado coas unidades didácticas que se desenvolven e outras planificadas de xeito illado.

EXPERIMENTAMOS CO ACEITE CORPORAL

       

EXPERIMENTAMOS CON FARIÑA: Traballando a unidade didáctica da esfolla (actividade globalizada)

                    

          O resultado…

 

EXPERIMENTAMOS COAS UVAS: Traballando a unidade didáctica da vendima (actividade globalizada). Ademais, de descubrir como cheira unha uva, a que sabe, cal é o seu tacto, etc. descubrimos que coa uva se pode facer unhas bebidas riquísimas: o viño e o zume de uva. Nesta ocasión por motivos obvios centrámonos en catar o zume. Por utra banda tamén descubren e aprenden as costumes da zona onde viven:

         

EXPERIMENTAMOS COAS CABAZAS DE SAMAÍN: Esta actividade tamén estaría globalizada coa unidade didáctica do Samaín. Ademais de descubrir as texturas, cheiros e sabor das cabazas nesta ocasión tamén imos traballar a psicomotricidade fina xa que despois de baleirar as cabazas as crianzas terán que separar a carne das pepitas, e para iso hai que ter a pinza exercitada!

           

EXPERIMENTAMOS COAS CASTAÑAS. Esta actividade está inserida nas actividades programadas para traballar o magosto. Aos nosos nenos gústalles coñecer a fondo a materia prima coa que van traballar, mirade que ben o pasan!

         

EXPERIMENTAMOS CON FOLLAS SECAS: Dentro das actividades programadas para traballar o outono, unha delas era experimentar con follas secas. A partir desta actividade ademais de percibir as cores do outono: marrón, vermello, amarelo, laranxa, etc. de percibir os cheiros das follas secas, os sons que fan as follas secas ao pisalas tamén van asimilando as caractaerísticas do outono:

      

EXPERIMENTAMOS DE NOVO COA FARIÑA: Ao grupo de 1 -2 gustoulles tanto a actividade coa fariña, que repetimos experiencia. Pero esta vez, sen elaboración de produto final. O obxectivo principal desta actividade ademais de percibir as sensación que a fariño produce en todo o corpo é: EMPORCARNOS:

         

EXPERIMENTAMOS CON PAPEL: O grupo dos maiores levaou a cabo este obradoiro de papel onde tiveron a oportunidade de manipular e explorar con distintos tipos de papel. O pasaron en grande!

            

QUEN O PASA MELLOR, OS NENOS E NENAS OU A PROFE SONIA?

EXPERIMENTAMOS CON CHOCOLATE. Ademais de emporcarnos, en Oia somos moi larpeiros, asique non íamos deixar pasar unha boa sesión de chocolaterapia. O chocolate desprende sensacións por todas partes: o seu olor, o seu sabor, a súa textura, a súa cor impregnando todo. Foi unha experiencia moi bonita.

         

MMM QUE RICO!!

EXPERIMENTAMOS CON POLVORÓNS. Esta actividade está insirida nas actividades propostas par traballar o Nadal. Os polovoróns nos ofrecen múltiples posibilidades de experimentar cos sabores, xa que é un mesmo doce, pero con sabores distintas. Aos nenos e nenas gostoulles moito, a pena que tiveron foi cando se comeron todos e non quedaban máis!

     

ESPERAMOS QUE VOS GUSTASEN TODAS ESTAS ACTIVIDADES. A ELES LLES GUSTARON MOITO!

1 reflexión sobre “DESCUBRIMOS OS OBXECTOS: EXPERIENCIAS (1º TRIMESTRE)

  1. LOLA

    Me encantan las fotos, los peques disfrutan aprendiendo, y nosotros disfrutamos viendo como lo hacen…Creo que Manuel se perdió la chocolaterapia, organizar otra sesión por favooooorrrr!!!!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará