A CARTEIRA DOS REIS MAGOS

Os nenos e as nenas da escola infantil de Oia recibiron unha sorpresa moi chula, a carteira de Oia, que é a nai de Miro, viu á escola coa súa moto para que as crianzas lle deran a súa carta aos Reis Magos.

Ao principio choraron un pouco xa que a moto facía moito ruído, pero en canto se apagou o motor a meirande parte deles tiñan moitas gana de subirse nela e poñer o casco de seguridade. Velaí algunhas fotos que sacamos:

        

Andrés foi o que máis engaiolado quedou da moto, unha vez que subiu non había quen o fixera baixar. É que o seu pai tamén ten unha moto!

   

 Finalmente as crianzas meteron as súas cartas aos reis magos no makuto da carteira. Esperemos que lles cheguen tosas e non se perda nin unha!

    

A partir desta actividade preténdese traballar moitos aspectos. A parte da motivación das crianzas de que van enviar unha carta aos reis magos, se traballa un dos aspectos máis importantes para nós: O COÑECEMENTO DO CONTORNO. Xa que ademais, coñecen os oficios da zona, ás familias, descubren a función da carteira de forma significativa, coñecen os medios de transporte, comezan a descubrir as funcións da carta como medio de comunicación, etc. E por suposto descubrir e coñecer unha das festas máis populares da nosa cultura O NADAL.

Esperamos que vos gustara a actividade, aos poucos iermos subindo máis cousiñas que fixemos por estas datas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará