Os nenos e as nenas da escola infantil de Oia recibiron unha sorpresa moi chula, a carteira de Oia, que é a nai de Miro, viu á escola coa súa moto para que as crianzas lle deran a súa carta aos Reis Magos.
Ao principio choraron un pouco xa que a moto facía moito ruído, pero en canto se apagou o motor a meirande parte deles tiñan moitas gana de subirse nela e poñer o casco de seguridade. Velaí algunhas fotos que sacamos:
Andrés foi o que máis engaiolado quedou da moto, unha vez que subiu non había quen o fixera baixar. É que o seu pai tamén ten unha moto!
Finalmente as crianzas meteron as súas cartas aos reis magos no makuto da carteira. Esperemos que lles cheguen tosas e non se perda nin unha!
A partir desta actividade preténdese traballar moitos aspectos. A parte da motivación das crianzas de que van enviar unha carta aos reis magos, se traballa un dos aspectos máis importantes para nós: O COÑECEMENTO DO CONTORNO. Xa que ademais, coñecen os oficios da zona, ás familias, descubren a función da carteira de forma significativa, coñecen os medios de transporte, comezan a descubrir as funcións da carta como medio de comunicación, etc. E por suposto descubrir e coñecer unha das festas máis populares da nosa cultura O NADAL.
Esperamos que vos gustara a actividade, aos poucos iermos subindo máis cousiñas que fixemos por estas datas.
O pasado mércores 15 de decembro as familias da Escola Infantil de Oia puxéronse mans á obra para decorar a escola con motivos navideños. O obxectivo fundamental deste obradoiro, a parte da decoración navideña da escola, é poder pasar un anaco de tempo todos e todas xuntas en familia, falando das cousas que pasan na escola, achegando novas ideas para facer, coñecéndonos uns aos outros e estreitando lazos de unión.
As familias viñeron moi motivadas, trouxeron material para poder levar a cabo algúns dos obradoiros e ademais tamén achegaron moitas ideas novas. Vos deixamos unhas fotos do que foi o desenvolvemento do obradoiro.
Como vos podedes dar conta nais, pais, irmáns, profes, nenos e nenas traballaron moito, moito para deixar a escola preciosa nestas datas.
Estas son algunhas das obras maestras que se fixeron, os sus artístas posan con elas moi orgullosos e orgullosas