Un luns pola mañá nada máis chegar ao patio había unhas follas con froitos colgadas da varanda, umm, que sería? Pois si eran vides. Para comezar coa actividade o primeiro que fixemos foi vendimar.
Despois depenicarmos as uvas.
Deseguido probamos a materia prima. As uvas estaban boísimas e como eran de cor negro puxémonos perdidiños pero pasámolo coma ananos.
Por último e para rematar fixemos mosto, e para iso tiñamos que espachurrar as uvas coas mans ou cos pes, a algún non nos gustou nadiña tocalas cos pés, son moi duras…
¡que buena idea! me encantan las fotos chao
Pero que guapos están neniños e neniñas todos manchados de uvas!!! da gusto velos o ben que o pasaron
como disfrutan estes nenos e nenas coas uvas e que ben o pasan