COMEZA UN NOVO CURSO!!

Ola familias este ano a escola infantil de Oia abriu as súas portas con moitas novidades. Agora temos unha aula máis e unha sala de usos múltiples, un patio máis grande, con areeiro, zona cuberta e unha pequena horta. Ademais chegaron dúas educadoras novas Sonia e Inés e incorporáronse nov@s nen@s.

Aínda que ao principio nos custou, pouco a pouco fómonos adaptando.

Despois do período de adaptación tiñamos moitas ganas de facer cousas novas, de aprender, así que puxémonos mans a obra e comezamos coa esfolla. Para comezar miramos nun vídeo como se saca a espiga, como se debulla, como se garda nos hórreos,… Continuamos manipulando as espigas, as follas, a barbela,… O seguinte paso foi debullar, uff canto traballamos, mirade que ben o fixemos.

a-esfolla

Ao día seguinte preparamos a nosa propia espiga, pegamos os grans de millo e tamén lle puxemos as follas. Ademais como tiñamos moitas espigas decidimos colocalas na aula, e para que quedaran ben bonitas, pintamos un mural empregando a cor verde, marrón e amarela.

Co millo que debullamos fixemos fariña, bueno nos no, pero as profes trouxeron a clase un muíño onde se votaba millo e saía fariña. Ao rematar puidemos manipulala.

Pero o que máis nos gustou foi o que fixemos con ela, a ver se adiviñades: mezclamos fariña,  un chisco de sal, levadura, auga, amasamos, amasamos,… fixemos bolas e churros… e despois dun anaco no forno… aquí está o pan!!

Pero non so experimentamos co millo, tamén o manipulamos, as profes puxéronnos cubetas con millo, follas, carozos, botellas, caixiñas,… Xogamos moito con esta actividade.

E para rematar fixemos un circuíto sensorial. Foi todo unha sorpresa, había millo, follas, carozos, fariña,… Descalzámonos e de un en un pasamos por encima, a fariña era moi suave, os carozos ásperos e non nos gustaba a textura e o millo facía moito ruído.

circuito

Durante este tempo contamos coa colaboración das familias, pedímoslle que fixesen un boneco cunha espiga e velaquí tedes o resultado. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *