Arquivos mensuais: Novembro 2010

FESTEXAMOS O MAGOSTO!!!

O outono chegou e con el ese froito tan exquisito e sabroso como é a CASTAÑA!!! Na Escola de Oia non quixemos perder oportunidade de festexar o magosto polo que nos puxemos mans á obra.

En primeiro lugar, puxemos ás crianzas en contacto coa materia prima. Fixemos un obradoiro de experimentación con castañas e follas secas do outono. Pasáronno xenial.

 

            

 Unha vez que xa descubriron cal é o elemento protagonista: A CASTAÑA, as nenas e os nenos elaboraron un premio para os seus papás e ás súas mamás en agradecemento por levalos á festa do magosto. O premio é un colgante de castaña decorado con pintura e con gomets, aos papás e mamás lles gustou moito.

       

E para rematar coa preparación da festa do magosto, as nenas e os nenos da escola fixeron un bolso super práctico para gardar nel as castañas, este foi o resultado dalgúns deles:

        

E por fín chegou o gran día! Todo estaba preparado: as catañas, o asador, os postres, a música e incluso os nosos bandullos!!

           

           

 VIVA O DÍA DO MAGOSTO!!

 

A VENDIMA

Un luns pola mañá nada máis chegar ao patio había unhas follas con froitos colgadas da varanda, umm, que sería? Pois si eran vides. Para comezar coa actividade o primeiro que fixemos foi vendimar.

Despois depenicarmos as uvas.

img_0196

Deseguido probamos a materia prima. As uvas estaban boísimas e como eran de cor negro puxémonos perdidiños pero pasámolo coma ananos.

Por último e para rematar fixemos mosto, e para iso tiñamos que espachurrar as uvas coas mans ou cos pes, a algún non nos gustou nadiña tocalas cos pés, son moi duras…

COMEZA UN NOVO CURSO!!

Ola familias este ano a escola infantil de Oia abriu as súas portas con moitas novidades. Agora temos unha aula máis e unha sala de usos múltiples, un patio máis grande, con areeiro, zona cuberta e unha pequena horta. Ademais chegaron dúas educadoras novas Sonia e Inés e incorporáronse nov@s nen@s.

Aínda que ao principio nos custou, pouco a pouco fómonos adaptando.

Despois do período de adaptación tiñamos moitas ganas de facer cousas novas, de aprender, así que puxémonos mans a obra e comezamos coa esfolla. Para comezar miramos nun vídeo como se saca a espiga, como se debulla, como se garda nos hórreos,… Continuamos manipulando as espigas, as follas, a barbela,… O seguinte paso foi debullar, uff canto traballamos, mirade que ben o fixemos.

a-esfolla

Ao día seguinte preparamos a nosa propia espiga, pegamos os grans de millo e tamén lle puxemos as follas. Ademais como tiñamos moitas espigas decidimos colocalas na aula, e para que quedaran ben bonitas, pintamos un mural empregando a cor verde, marrón e amarela.

Co millo que debullamos fixemos fariña, bueno nos no, pero as profes trouxeron a clase un muíño onde se votaba millo e saía fariña. Ao rematar puidemos manipulala.

Pero o que máis nos gustou foi o que fixemos con ela, a ver se adiviñades: mezclamos fariña,  un chisco de sal, levadura, auga, amasamos, amasamos,… fixemos bolas e churros… e despois dun anaco no forno… aquí está o pan!!

Pero non so experimentamos co millo, tamén o manipulamos, as profes puxéronnos cubetas con millo, follas, carozos, botellas, caixiñas,… Xogamos moito con esta actividade.

E para rematar fixemos un circuíto sensorial. Foi todo unha sorpresa, había millo, follas, carozos, fariña,… Descalzámonos e de un en un pasamos por encima, a fariña era moi suave, os carozos ásperos e non nos gustaba a textura e o millo facía moito ruído.

circuito

Durante este tempo contamos coa colaboración das familias, pedímoslle que fixesen un boneco cunha espiga e velaquí tedes o resultado. Moitas grazas pola vosa colaboración.