O CURRO

O primeiro domingo de Maio no concello de Oia hai un gran acontecemento “ O CURRO DA VALGA”, e dende a escola traballamos esta festa que tanto nos gusta. Para comezar construímos o noso cabalo Pichirilo, de seguido o levamos ao curro porque tiña o pelo un pouco longo e alí lle cortamos as crins, a cola e o marcamos.

Ademais coñecemos os aparellos do cabalo (cadeira, cabezada, estribos,…) o papá de Lucía, Berto, prestounos todos os enseres necesarios e puidemos galopar encima de Pichirilo coma verdadeiros vaqueiros. E para rematar o papá de Miro, Nardo, viu  ensinarnos a súa egua Selva e puidemos montar, acariciala, tocarlle as crins,…

MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!

o-curro_001

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *