Estes días estivemos coñecendo os diferentes medios de transporte e para iso pedímoslle as familias que trouxeran: coches, motos, avións, barcos,… e todo tipo de transportes que tiveran pola casa.
Despois disto a mamá de Noa tróuxonos un coche moi grande de batería e tod@s aprendemos a conducir: corremos, paramos, xiramos o volante,… E tamén tivemos outra sorpresa, o papá de Víctor e Andrés viu ensinarnos a súa moto e puidémonos subir, tocar o pito, poñer o casco,…
Encantáronnos as sorpresas!! Moitas grazas pola vosa colaboración.