Arquivos mensuais: Abril 2010

UN ANIVERSARIO EXPECTACULAR!!

Para celebrar o aniversario de Noa, tivemos unha sorpresa que viu dun lugar moi afastado… Queredes saber de onde? Pois si, efectivamente, viu dende Disneyland París exclusivamente a festexar connosco o segundo aniversario de Noa!!

Mirade que grande e que guapo e Mickey!! Nun principio, estábamos tan abraiados que nos asustamos un chisquiño pero despois foi a nova de toda a semana.

Ademais repartiunos gusanitos e pasámolo moi ben!! Foi un acontecemento inesquecible. Moitas gracias a Noa e aos seus papás por invitar a Mickey e compartir con nos esta bonita sorpresa!!

OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Estes días estivemos coñecendo os diferentes medios de transporte e para iso pedímoslle as familias que trouxeran: coches, motos, avións, barcos,… e todo tipo de transportes que tiveran pola casa.

Despois disto a mamá de Noa tróuxonos un coche moi grande de batería e tod@s aprendemos a conducir: corremos, paramos, xiramos o volante,… E tamén tivemos outra sorpresa, o papá de Víctor e Andrés viu ensinarnos a súa moto e puidémonos subir, tocar o pito, poñer o casco,…

pelicula

Encantáronnos as sorpresas!! Moitas grazas pola vosa colaboración.