Arquivos mensuais: Marzo 2010

CHOCOLATERAPIA

Días atrás, os pequechos, estivemos aprendendo as partes do corpo e como remate final, as profes propuxéronnos facer unha actividade DIVERTIDÍSIMA!!

Tiñamos que pintar e masaxear cada parte do noso corpo: as mans, os pes, os brazos, as pernas, as costas d@s compañeir@s,… Ademais tamén aproveitamos para saborear o chocolate que estaba boísimo e a pel quedounos tersa e hidratada como a dun bebé…

Mirade que ben o pasamos…

chocolaterapia

ANIVERSARIOS

Miro, un dos nosos cativos, xa se fixo todo un homiño. O pasado día 4 de marzo, cumpriu 1 ano e celebrouno con todos os seus compañeir@s por todo o alto: bailaron, xogaron cos globos, sopraron a vela,…

PARABÉNS MIRO!!!!

O día 9 de febreiro Jimena festexou o seu terceiro aniversario. Por este motivo fixemos unha festa con todas as crianzas na que non faltou a música, os globos e unha deliciosa rosca.