Este é o título do conto co que comezamos a motivar ás crianzas para o Día da Paz. Realmente na nosa escola procuramos que tódolos días sexan o día da paz, pero este día o lembramos con máis forza.
Para comezar a traballar sobre o tema comezamos coa narración do conto “Unha manchea de bicos” que fala dunha nena que ten o seu peto cheo de bicos que lle da súa nai, e que colle cando se sente triste, con medo… inda que tamén os reparte cos seus compañeiros.
A partir de aquí, entablamos un diálogo cos nenos e nenas e propuxemos facer unha caixa dos bicos que imos ter na aula para repartirlos cando alguén o necesite ou o mereza.
Unha vez feita a caixa, só tiñamos que enchela de moitos bicos para repartir e mirade o ben que o pasamos pintándonos os beizos e rapartindo bicos a tódolas compañeiras e compañeiros…
Unha vez que xa estaban todos emocionados co tema dos bicos, da amizade e dos valores, propuxemos ás familias que para festexar o día da paz lles mandaran aos seus fillos e fillas traer á escola mensaxes que transmitan valores de paz.
A participación foi masiva, todos colaboraron, ao día seguinte as nenas e nenos chegaron á escola cun globo e unha mensaxe escrita nel. As limos en voz alta e decidimos tirar os globos pola fiestra para que os veciños de Oia que se toparan con eles tamén as puideran ler.
DENDE A ESCOLA INFANTIL DE OIA, ESPERAMOS QUE ESTAS MENSAXES CHEGARAN A MOITOS FOGARES DA VILA.