PARABÉNS NOA E DIEGO

Durante o mes de xaneiro Noa e Diego celebraron os seus aniversarios. Son os maiores da escola e cada día nolo demostran coas súas aprendizaxes, o seu interese e a maior autonomía persoal que van acadando.

Para celebrar os seus aniversarios convidáronnos a comer unha torta que estaba boísima, despois rompimos unha piñata e despois… A BALIAR!!! ao son de Pelo Gato 24 que tanto lles gusta.

Queredes ver as fotos deses momentos?

Noa e Diego compartiron moitísmos momentos con nós e a verdade é que temos moita sorte de telos na escola, queredes ver como foron os seus comezos?

Miña nai querida!!! canto creceron estes meniños!! Unha aperta repaces esperamos que sigades sendo sempre así.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará