Ero xa ten 2 anos!! O día 17 de xaneiro estivo de aniversario e para celebralo trouxo un gran roscón, soprou as velas e fixemos unha festa por todo o alto. MOITAS FELICIDADES ERO!
Arquivos mensuais: Xaneiro 2010
ANIVERSARIO DE MARCOS
O PASADO 29 DE DECEMEBRO MARCOS CUMPRIU 2 ANOS, XA É TODO UN MOZO E CADA DÍA NOLO DEMOSTRA COS SEUS AVANCES E AS SÚAS APRENDIZAXES, CADA DÍA MÁIS AUTÓNOMO.
MOITAS FELICIDADES MARCOS, AS TÚAS PROFES ESTÁN MOI ORGULLOSAS DE TI.
PARA CELEBRAR UN DÍA TAN ESPECIAL, MARCOS CONVIDOUNOS A TODOS A UNHA TORTA QUE ESTABA BOÍSIMA E DESPOIS DE COMER E SOPRAR AS VELAS FIXEMOS O QUE MÁIS LLES GUSTA ÁS NENAS E AOS NENOS DA CLASE… BAILAR!!!!!
VIÑERON OS REIS!!
Para rematar, todas as crianzas lle escribimos unha carta as nosas maxestades: Melchor, Gaspar e Baltasar.
Despois chegou o cateiro cunha moto moi chula de cor amarela e cun saco moi grande para meter todas as nosas cartas. Moitas grazas, Chicho, por levarllas aos Reis Magos.
E por fin chegou o gran día, Melchor, Gaspar e Baltasar viñeron darnos unha visita a escola. A pesar de que a gran maioría nos asustamos, gustounos moito que se acordaran de nós. Moitas grazas maxestades e ata o ano que ven…
OS ÚLTIMOS ACONTECEMENTOS DO 2009
Ao chegar as doce do mediodía tomamos os gusanitos da sorte e demos a entrada ao 2010 brindando con cava de laranxa. Ademais pedimos os mellores desexos para este ano que comeza.
De seguido chegou o día de Papá Noel e os mais cativos fixeron unhas fotos co seu gorro, mirade que guapos quedaron…
CANTAMOS PANXOLIÑAS
Coa chegada do Nadal, o segundo que fixemos foi aprender as panxoliñas. As profes axudáronnos a cantar e nós puxemos a música, mirade que ritmo temos,…
DECORAMOS A ESCOLA
Neste mes, quixemos festexar por todo o alto a festa do Nadal. Por iso organizamos un obradoiro coas familias para que nos axudaran a decorar a escola. Despois entre todas as crianzas fixemos unha árbore de Nadal para cada aula. Moitas grazas a todas as familias por participar na decoración e colaborar connosco en todas as actividades e sobretodo FELICES FESTAS!!