Arquivos mensuais: Decembro 2009

ANIVERSARIO DE JAIME

Disculpa as molestias, pero serías tan amable de darlle ao “play” antes de comezar a ler esta anotación? Moitas grazas.

canciones-infantiles-parchis-cumpleanos-feliz


Listo? Entón xa podemos comezar, veredes…


O pasado 15 de novembro Jaime quiso festexar con tódolos seus compañeiors e compañeiras o seu aniversario e o festexamos por todo o alto, xa que dous anos non se cumpren tódolos días…

Durante este tempo Jaime aprendeu un montón de cousas, sabedes? Agora xa non usa cueiro por que xa vai el soliño ao baño. Ademais, tamén fixo moitos amigos: Cloe, Diego, Lucía, Xiana, Paula, Hugo, Estela, Eva, Mario, Marcos, Noa, Noelia, Jimena e xoga con todos e todas, por iso os quiso convidar a comer tarta de mazá, boísima!!! que lle trouxeron a súa mamá e o seu papá.

Jaime é todo un campeón e cada día nolo demostra cos seus aprendizaxes, a súa curiosidade, o agarimo que reparte tanto aos compañeiros como as mestras, por iso lle desexamos que ao longo dos vindeiros anos que vaia celebrando non perda a súa alegría e ganas de vivir.

Por certo, aí deixo unha foto de Jaime cando viu por primeira vez á Escola, verdade que creceu moito?

DO RE MI FA SOL…

 

Debido a tradición musical que ten o concello de Oia, os máis pequechos tamén quixemos festexar o día da música ou día de Santa Cecilia (patroa dos músicos).

Mirade que ben o pasamos xogando cos instrumentos…

 

Os máis maiores déronnos un concertó, e fixérono moi ben!! Dentro duns anos vannos delitar sendo participes dos fermosos concertos da nosa banda, a banda de Mougás.

img_0013