“O xogo do viño consiste en pisar
as uvas moradas que hai no lagar.
As piso, as piso as volvo a pisar
as uvas moradas que hai no lagar”
Esta é a canción que cantabamos todos e todas mentres pisábamos as uvas para a elaboración do viño.
O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa materia prima: a uva. As nenas e nenos as tocaron, as cheiraron, as probaron, quitáronlle as pepitas e dende logo as comeron.
Posteriormente, no patio fixemos a nosa propia vendima, as mestras colocaron ramas de vide con uva e entre todos fixemos a recolleita.
E finalmente, o que máis ilusión lles facía que era pisar as uvas para facelo viño, a partir desta actividade as criaturas non só recrean unha das costumes máis extendidas da zona, senón que ademáis lles permite experimentar coas cores, os aromas, as sensacións que lles proporciona pisar as uvas cos pés, etc.
Muchísimas gracias por las actividades.
Así van de contentos al cole!!!!
besitos.
Parabéns pola actividade, é estupendo o que facedes cos nenos.
Grazas tamén ás familias que nos axudades moítisimo coas actividades, a verdade é que sodes estupendos e estupendas.