AS CASTAÑAS DO MAGOSTO

Os pequechos da escola antes de celebrar a grande festa do magosto, xogamos coas castañas e coas noces, froitos típicos do outono. Cada un encontrou unha forma de xogo: meter en contenedores, explorar coa boca, ou simplemente manipular.

 

Os maiores, demos fe, que as castañas están boísimas… XA PODEMOS CELEBRAR O MAGOSTO!!!

 

O dia 12 de novembro celebramos a festa do magosto coas familias e para todo isto contamos coa súa colaboración. Cada unha elaborou un postre feito con produtos típicos do outono (noces, castañas, pasas,…). Estaban todas Riquíiiiiisimas!!

 

Despois, as crianzas quixeron agradecer a participación das familias e déronlle un agasallo aos seus pais por participar e colaborar coa escola.

 

E por fin chegou o momento máis esperado, que ben cheiran estas Castañas. Mummm…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará