UNHA FESTA ENCANTADA…

 Fai uns días na Escola Infantil de Oia festexamos o Samaín. Durante esa semana fixemos unha morea de actividades que tiñan un “encanto especial”.

Para poñernos en contacto co tema, estivemos xogando coas cabazas.

Despois fixemos un postre: primeiro votamos a xelatina, removemos e por último  introducimos unhas miñocas de gominola. O resultado, verdadeiramente, daba un pouco de arrepío.

Algúns días disfrazámonos de pantasmas e dabámoslle sustos aos nosos amigos e amigas. Que divertido!!

E por último , chegou o gran día. As nosas compañeiras e compañeiros da aula de 2-3, prestáronnos unha cabazas e puxémoslle luz dentro. O resultado a algúns chamounos a atención pero a outros deunos un pouco de medo…

Pola súa banda, os maiores da escola tampouco quixeron perderse esta festa tan terrorífica, uuuuuhhh!!!! pero que ao mesmo tempo ten un encanto especial.

As mestras da escola quixemos aproveitar esta ocasión para o desenvolvemento da creatividade e imaxinación, e sobre todo para eliminar certos tabús e que o noso alumnado medre sen paranoias e medos absurdos.

Dende a nosa escola imos convatir ao home do saco, a bruxas, a vampiros, a morcegos… por que todos sabemos que esas cousas non existen e non lles imos ter medo!!!!!

Para esta celebración o primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa materia prima: AS CABAZAS. Mirade que ben o pasan as nenas e nenos pringándose as mans para valeiralas.

 

 

Logo disto, decidimos separar as pepitas da carne para poñelas secar e probalas despois…

 

Unha vez que as cabazas estiveron terminadas, xa poidemos celebrar a festa do Samaín. Ese día algúns nenos e nenas viñeron disfrazados e disfrazadas, cantamos e bailamos ao redor das cabazas coa luz apagada (por que nós non temos medo), asustamos a Meri jijijiji e pasámolo moi, moi ben!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará