Arquivos mensuais: Outubro 2009

TEMOS LIBRARÍA NOVA!!

Na escola Infantil de Oia estamos todas e todos moi contentos xa que a mamá e o papá de Xiana nos agasallaron unha estantería para poñer libros que o seu papá fixo cunhas táboas que tiñan na casa e non ían utilizar. QUE SORTE TEMOS! 

Moitas grazas Sofía e Juan José. Pero tamén ao resto das familias que grazas á súa participación, traballo e esmero fan posible que se leven a cabo moitos dos traballos que se propoñen na escola. Podendo cumprir cun dos piares básicos da Educación Infantil que é coordinar o traballo entre a familia e a escola para levar a cabo unha educación coherente en ámobolos dous contextos.

CLOE ESTÁ DE ANIVERSARIO!!

O pasado 30 de setembro a nosa compañeira Cloe cumpliu 2 anos, xa é unha nena moi, moi maior.

Dende que Cloe chegou á escola creceu moito e aprendeu moitas cousas, E O QUE LLE QUEDA!! Esta nena é toda unha campeona. Por iso o día do seu aniversario o celebramos por tódolo alto cunha torta que trouxo o seu papá e que estaba RIQUÍÍÍSIMA.

Cloe quiso festexar o seu aniversario cos seus compañeiros e as súas compañeiras de clase. Cando soprou as velas todos aplaudimos moi, moi forte e lle desexamos os nosos parabéns.

PARABÉNS CLOE! QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS SEMPRE COA ALEGRÍA QUE TE CARACTERIZA E COAS MESMAS GANAS DE APRENDER.

feliz-cumpleanos-tradicional

COMEZAMOS A TRABALLAR!!

Unha vez superada a adaptación e tódolos trastornos e disgustos que esta conleva as crianzas da Escola Infantil de Oia, comezan a descubrir tódalas posibilidades que neste centro se lle ofrecen e a aproveitar tódalas oportunidades de aprendizaxe que se lle presentan.

Para que as nosas alumnas e alumnos comencen a sentirse seguros e confiados para poder desenvolver tódolas situacións de aprendizaxe comezamos a traballar coas rutinas.

Cando chegan á aula o alumnado leva a cabo un ritual: deixar as axendas no seu sitio, gardar a merenda, colgar a mochila na súa percha, poñer o mandilón…

Unha vez que xa estamos todos e todas na aula, podemos comezar a traballar!! O primeiro que facemos é unha asemblea, onde cantamos a canción dos bos días, vemos que compañeiros están no cole e cales están en casa, vemos o tempo, o día da semana. E ademais, unha cousa moi importante que facemos durante a asemblea e falar, falar e falar. Aquí todas e todos somos libres de expresar os nosos sentimentos, vivencias, emocións e ademais, aprendemos a respectar as quendas de fala e a escoitarnos uns aos outros.

Un aspecto ao que se lle dá moita importancia é á necesidade de levar a cabo unha alimentación sana e equilibrada, polo que, unha vez lavadas tódalas mans, dispoñémonos a… MERENDAR!!! Cada día da semana se merenda unha froita diferente para que as crianzas se vaian facendo a tódalas froitas e o venres merendamos macedonia deste xeito cada un deles pode escoller entre a froita que máis lles gusta.

 Outra das rutinas á que tamén se lle dá moita importancia nesta escola, na aula de 2 a 3 anos é ao xogo por recantos. Os recantos que temos na aula neste momento son: recanto dos artistas, recanto da biblioteca, recanto do xogo simbólico e recanto da asemblea. Estes espazos lles permite ao alumnado xogar, manipular, construir, observar, etc.