No concello de Oia estase a producir un auténtico rebumbio. Os nenos e as nenas andan algo alterados, que estará a acontecer…?
Pero si é o inicio do novo curso!!!
Non vos preocupedes pequechiños, os comezos son duros para todos: para as crianzas, para as familias e incluso para as mestras. Por iso, é moi importante que nos vaiamos coñecendo todas e todos pouquiño a pouco.
O primeiro día con que esteades media horiña acompañados dunha figura de apego abonda. Aos poucos iredes quedando máis tempo para que vaiades coñecendo ás vosas mestras, aos compañeiros e compañeiras, os espazos, os tempos, os xoguetes, etc. Así, pouco a pouco vos iredes sentido cada vez máis seguros e confiados.
Despois dunha longa xornada, necesitades descansar e cada un reláxase como pode…
QUE BEN O IMOS PASAR ESTE ANO!!
hola chicas,son a nai de diego,estamos mirando as fotos e no lo pasamos moi ben véndoas.desta maneira,é como si os pais e nais participáramos nas actividades dos nosos fillos.Este é o último ano de diego, nos vai quedar moita pena deixarvos xa que estamos moi contentos.
Ola Lina!! MOitas grazas polo teu comentario. A verdade é que sentimos moito non ter subidas máis cousas, pero é que o tempo non nos dá para máis. Cando queirades podedes participar nalgunha activadade, si se che ocurre algo e te apetece vir un rato nós non temos ningún problema. O bo funcionamento do centro tamén e grazas a actitude das familias e da participación.
Por certo, non podo pensar que este ano vai ser o último de Diego e do seu grupo, dame moita pena xa que é un grupo estupendo.