Arquivos mensuais: Setembro 2009

QUE DUROS SON ALGÚNS COMEZOS

No concello de Oia estase a producir un auténtico rebumbio. Os nenos e as nenas andan algo alterados, que estará a acontecer…?

Pero si é o inicio do novo curso!!!

Non vos preocupedes pequechiños, os comezos son duros para todos: para as crianzas, para as familias e incluso para as mestras. Por iso, é moi importante que nos vaiamos coñecendo todas e todos pouquiño a pouco.

O primeiro día con que esteades media horiña acompañados dunha figura de apego abonda. Aos poucos iredes quedando máis tempo para que vaiades coñecendo ás vosas mestras, aos compañeiros e compañeiras, os espazos, os tempos, os xoguetes, etc. Así, pouco a pouco vos iredes sentido cada vez máis seguros e confiados.

Despois dunha longa xornada, necesitades descansar e cada un reláxase como pode…

QUE BEN O IMOS PASAR ESTE ANO!!