O papá de Paula explicounos como traballan os camareiros. Fíxonos un cóctel de zume, tróuxonos uns pasteis e ensinounos as súas ferramentas de traballo.
Aproveitando que Paula estaba de aniversario, a nai de Emma que é cociñeira, fíxonos una torta. Pero antes de poñernos mans a obra, puxemos a vestimenta oportuna: o gorro e o mandilón.
A mamá de Alex ensinounos moitos aparellos da súa profesión: Un fonendoscopio, metadiña, xeringas, mascarillas, etc. Sabedes en que traballa María?
Pois si, efectivamente, é enfermeira
Alex ensinounos todo o seu equipo: a cámara, o flash, o trípode,…
Aproveitando esta visita os nenos e nenas da galescola disfrazámonos coas teas do cesto dos tesouros e fixemos unha reportaxe fotográfica moi chula
Parabéns por este traballo tan estupendo, basta ver as caras dos nenos para darnos conta que o pasaron estupendamente. Animo e seguide así.
gustoume a esperiencia de ensinar os nenos algunhas profesións dos seus pais, e esta experiencia faría o dia das familias, ou creando a semana das familias ali polo dia 15 de maio día da familia.
pero a experiencia gusroume moi gratamente.