Arquivos mensuais: Xullo 2009

QUE QUEREDES SER DE MAIORES?

O papá de Paula explicounos como traballan os camareiros. Fíxonos un cóctel de zume, tróuxonos uns pasteis e ensinounos as súas ferramentas de traballo.

Aproveitando que Paula estaba de aniversario, a nai de Emma que é cociñeira, fíxonos una torta. Pero antes de poñernos mans a obra, puxemos a vestimenta oportuna: o gorro e o mandilón.

A mamá de Alex ensinounos moitos aparellos da súa profesión: Un fonendoscopio, metadiña, xeringas, mascarillas, etc. Sabedes en que traballa María?

Pois si, efectivamente, é enfermeira

Alex ensinounos todo o seu equipo: a cámara, o flash, o trípode,…

Aproveitando esta visita os nenos e nenas da galescola disfrazámonos coas teas do cesto dos tesouros e fixemos unha reportaxe fotográfica moi chula


 

LETRAS GALEGAS

O 17 DE MAIO NA GALESCOLA FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. PARA ESTE ACONTECEMENTO CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DO GRUPO TRA-LO MOSTEIRO DE OIA E A FIADA DE VILADESUSO.

AS CRIANZAS VIÑERON VESTIDAS CO TRAXE REXIONAL, BAILARON E TOCARON O SON DAS GAITAS E PANDEIRETAS.

QUEREMOS DARLLE AS GRAZAS AOS DOUS GRUPOS COLABORADORES