SABEDES QUEN SON PITI E J?

Pois Piti e J son os cabalos de Lucía. Berto, o seu pai, chegou a escola nun camión moi grande e dentro había dous cabalos.

Explicounos o que comían, ensinounos os seus dentes e as ferraduras, mostrounos que J ten as crins curtas e Piti ten que ir ó curro cortalas. Puidemos acaricialos e cantámoslle a canción de Pichirilo.

img_01753

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará