Arquivos mensuais: Marzo 2009

PARABÉNS AOS CATRO!!!

O MES DE MARZO VEN CARGADO DE ANIVERSARIOS: ALEX, IKER E ALEXIA XA CUMPRIRON OS TRES ANOS E XIANA DOUS. PARABÉNS PARA TODOS!!!

ALEX É O MAIOR DOS CATRO.

IKER, É UN POUCO TÍMIDO PERO DISFRUTOU COMO O QUE MAIS DA SÚA FESTA.

ALEXIA ESTÁ LONXE, EN COLOMBIA, VISITANDO AOS SEUS FAMILIARES MATERNOS. DENDE AQUÍ QUEREMOS DESEXARLLE UNHA BOA VIAXE DE REGRESO E UN FELIZ ANIVERSARIO.

 SOFÍA, A MAMÁ DE XIANA PREPAROUNOS UNHA MERENDA EN FORMA DE TREN POR MOR DO CENTRO DE INTERESE QUE ESTAMOS TRABALLANDO NA ESCOLA.

SEMANA DA PRENSA

UN ANO MAIS DENDE A GALESCOLA DE OIA INTENTAMOS INCULCAR AS CRIANZAS O GUSTO POLA PALABRA ESCRITA. COMO MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA SEMANA DA PRENSA ENCHEMOS O CENTRO DE XORNAIS PARA QUE AS/OS NENAS/OS SE FAMILIARIZASEN CON ESTE MEDIO DE COMUNICACIÓN TAN COTIÁ PARA TODAS/OS. PASAMOS FOLLAS, MANIPULAMOS, IDENTIFICAMOS, … EN DEFINITIVA APRENDEMOS EXPERIMENTANDO.

 

 

UNHA VISITA SORPRESA!!!!

XA HAI VARIOS DIAS UNHA VISITA SORPRESA CHAMOU A NOSA PORTA!!! TODO/AS OS/AS NENOS/AS MORRÍAN COA CURIOSIDADE DE SABER QUEN ERA…

ERA ANDRÉS, O IRMÁN DE AINOA!!!!

AIONA CONTOUNOS UN MONTE DE COUSAS SOBRE EL: “TEN ORELLAS, NARIZ E BOCA” EXPLICOU AOS SEUS COMPAÑEIROS/AS. ANDRÉS CHORA E DORME NA CUNA, SEGUIU…

CANDO LLE PREGUNTAMOS AO RESTO DAS CRIANZAS SE ALGUÉN QUERÍA TER UN IRMÁN COMO ANDRÉS A MÁIS DE UN CAMBIÓUSELLE A CARA.