Arquivos mensuais: Febreiro 2009

OS PIRATAS DE OIA VAN DE TROULA

Despois dunha semana de duro traballo os/as mais cativos/as participaron no desfile de entroido cos/coas nenos/as do C.E.I.P. MESTRE MANUEL GARCIA de Oia. Foi unha xornada chea de nervios, de emocións, risas e choros na que contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa.

Todo comezou vai unhas semanas cando propuxemos ás crianzas festexar o entroido. Moitas foron as propostas que xurdiron e que fomos dándolle forma ao longo dos días.

Quixemos disfrazarnos de piratas e para entrar en materia:

  • Contamos historias sobre piratas como conto do Capitán Calabrote (ed. Kalandraka).Trouxemos un barco pirata á clase e escoitamos e aprendemos cancións como o Pirata Metepata do grupo galego de música infantil Mamá Cabra. 

  •  Decidimos facer a nosa propia bandeira pirata:

 

  •  Fixemos un obradoiro de produtos de entroido que as familias achegaron ata a galescola:

  • Enfundamos os nosos disfraces e comezou a troula!!!

img_0099

OS CELTAS VISITAN A GALESCOLA: sesión 1

OUTRO ANO MAIS QUIXEMOS TRABALLAR NA GALESCOLA OS CASTROS E OS CELTAS, POR FORMAR PARTE DO CONTORNO DOS NENOS. OIA E SEUS ARREDORES ESTÁN PLAGADOS DE CASTROS, PETROGLIFOS E TRADICIÓNS CELTAS.

DURANTE AS ÚLTIMAS DÚAS SEMANAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO E EXPERIMENTANDO UNHA MOREA DE COUSAS AO RESPECTO. OS MAIS PEQUENOS COMEZARON, FACENDO UN MURAL.