Arquivos mensuais: Xaneiro 2009

ESPAZO DAS FAMILIAS: PRIMEIRA SESIÓN

 

O pasado martes día 13 de xaneiro, tivemos a nosa primeira sesión do espazo das familias que versou sobre a ALIMENTACIÓN INFANTIL co fin de conseguir os seguintes obxectivos:

  • Desenvolver e fomentar hábitos alimenticios saudables dende a escola e educar nutricionalmente.

  • Ensinar a proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxesta suficiente e adecuada de nutrintes e enriquecer a capacidade do/a neno/a para probar distintos alimentos, sabores e texturas.

  • Coñecer normas básicas de elaboración de menús para acadar unha dieta cuantitativa e cualitativamente equilibrada.

Varias foron as actividades que programamos para acadar estes obxectivos. Dende a confección dunha pirámide de alimentos infantil ata descubrir se as consignas dadas sobre alimentación eran verdadeiras ou falsas. Aqui podedes visionar algunhas das fotos da nosa xuntanza. Esperamos que vos gusten.