O NADAL

O nadal chegou e a traballar nos puxemos.

Nesta ocasión solicitamos a colaboración das familias para decorar a escola. Cada familia trouxo algún motivo navideño decorado da sua casa. Están penduradas nas ventás, nas paredes das aulas,…:

Na escola as crianzas tamén decoraron campás, árbores de nadal,…:

Aproveitando que tiñamos piñas na escola, fixemos as nosas propias árbores de nadal. Primeiro as pintamos:

e logo as decoramos facendo boliñas con plastelina:

Ademais, non podemos esquecer a colaboración das familias coa aportación de tarxetas navideñas. Mirade que orixinais:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará