Na Escola Infantil de Oia celebramos a Semana da música, dado o grande interese que esperta nas nosas crianzas. Así, algúns/as pais, nais, amigos/as, familiares, acercáronse ata a aula a mostrarnos e tocarnos un instrumento musical. A experiencia foi todo un éxito, dende os/as mais cativos/as da aula de 0-2 ata os/as maiores de 1-3 disfrutaron a tope cos sons e as melodías dos instrumentos presentados:
Sofía, a nai de Xiana, tocounos o xilófono, e ademais trouxo metalófonos para todas as crianzas:
Tere, a nai de Isa, unha das nosas educadoras, acercouse a nosa escola para deleitarnos co son do seu acordeón:
Sara, a curmá de Noa, deixounos estupefactos/as co seu clarinete:
Noelia, amiga de Isa, tocounos o seu saxofón:
Isa presentounos a guitarra:
Por último, sinalar que ésta non é unha actividade pechada senón que nos gustaría presentar algún outro instrumento ao longo do curso contando sempre coa colaboración de toda a comunidade educativa.
Un saudo