O día 24, a iso das 11:30, recibimos unha visita moi especial. Papá Noel acercouse ata a nosa escola acompañado dun axudante. Algún atreveuse a darlle un bico e incluso a se sentar no seu regazo:
Arquivos mensuais: Decembro 2008
O NADAL
O nadal chegou e a traballar nos puxemos.
Nesta ocasión solicitamos a colaboración das familias para decorar a escola. Cada familia trouxo algún motivo navideño decorado da sua casa. Están penduradas nas ventás, nas paredes das aulas,…:
Na escola as crianzas tamén decoraron campás, árbores de nadal,…:
Aproveitando que tiñamos piñas na escola, fixemos as nosas propias árbores de nadal. Primeiro as pintamos:
e logo as decoramos facendo boliñas con plastelina:
Ademais, non podemos esquecer a colaboración das familias coa aportación de tarxetas navideñas. Mirade que orixinais:
A CHEGADA DO INVERNO II
Seguimos ensinándovos o que fixemos para celebrar a chegada desta estación.
Traballamos as prendas do inverno a través de recortables feitos polos nenos. Mirade:
Ambientamos a nosa escola con motivos relacionados co inverno:
Xuntáronse todas as crianzas da escola para levar a cabo esta actividade. Mirade o que fixeron con material de refugallo (teas, papel hixiénico, botóns, papeis de cores):
Unha vez rematado, o noso boneco adorna unha das nosas aulas.
Experimentamos, a través do tacto, as diferentes temperaturas da auga:
A CHEGADA DO INVERNO
PARABÉNS JAIME
A MÚSICA INVADE A NOSA GALESCOLA
Na Escola Infantil de Oia celebramos a Semana da música, dado o grande interese que esperta nas nosas crianzas. Así, algúns/as pais, nais, amigos/as, familiares, acercáronse ata a aula a mostrarnos e tocarnos un instrumento musical. A experiencia foi todo un éxito, dende os/as mais cativos/as da aula de 0-2 ata os/as maiores de 1-3 disfrutaron a tope cos sons e as melodías dos instrumentos presentados:
Sofía, a nai de Xiana, tocounos o xilófono, e ademais trouxo metalófonos para todas as crianzas:
Tere, a nai de Isa, unha das nosas educadoras, acercouse a nosa escola para deleitarnos co son do seu acordeón:
Sara, a curmá de Noa, deixounos estupefactos/as co seu clarinete:
Noelia, amiga de Isa, tocounos o seu saxofón:
Isa presentounos a guitarra:
Por último, sinalar que ésta non é unha actividade pechada senón que nos gustaría presentar algún outro instrumento ao longo do curso contando sempre coa colaboración de toda a comunidade educativa.
Un saudo
A FESTA DO MAGOSTO
A COLLEITA DO MILLO
Nesta ocasión o noso patio converteuse nun gran campo de millo onde, entre todos/as, comezamos a esfolla.
Traballamos a esgalla pero ainda así foi moi divertido:
Unha vez feita a colleita debullamos as espigas e moemos o millo:
Coa fariña xa moída, unha pouca de auga, un chisco de sal e levadura, mirade o que fixemos:
Este foi o resultado (estaba un pouco duro pero moi bo):
Queremos, dende aquí, agradecer a Lina, a nai de Diego, que nos forneara o pan na súa casa.
Os/as máis cativos/as tamén quixeron participar. Ollade todo o que fixeron: