Hoxe na nosa galescola celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Para conmemorar tal evento construimos un monumento con material de refugallo (caixas, fotografías, recortes,…) onde cada peza representa un dos dereitos dos/as nenos/as. Despois dun pequeno coloquio sobre o tema na asemblea, puxémonos mans a obra. Entre todas as crianzas decoramos cada caixa con motivos, debuxos e fotografías que ilustran cada un dos dereitos.
Aproveitando a mañá soleada que tiñamos en Oia saimos ao patio para facer a posta en común.
Noraboa pola actividade, parécenos moi orixinal e vese que os nenos/as o pasaron xenial. Seguide así!!!
Saúdiños desde Pantón.
SOES AS MELLORES, DE VERDADE. TRABALLADES MOGOLLÓN. SEGUIDE ASÍ PORQUE MELLOR XA NON SE PODE FACER.
VÓTASE MOITO DE MENOS AQUELES DÍAS ……….
UNHA APERTA MOI GRANDE.
ATA PRONTO.