Hoxe na nosa galescola celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Para conmemorar tal evento construimos un monumento con material de refugallo (caixas, fotografías, recortes,…) onde cada peza representa un dos dereitos dos/as nenos/as. Despois dun pequeno coloquio sobre o tema na asemblea, puxémonos mans a obra. Entre todas as crianzas decoramos cada caixa con motivos, debuxos e fotografías que ilustran cada un dos dereitos.
Aproveitando a mañá soleada que tiñamos en Oia saimos ao patio para facer a posta en común.