SEMANA DA EDUCACIÓN VIARIA

Do 5 ao 9 de maio, estivemos a celebrar a Semana da Educación Viaria. Fixemos diversas actividades que culminaron o venres cunha visita moi esperada. Ollade!.

 

8 DE MAIO (6).JPG  8 DE MAIO (9).JPG

Como motivación contamos o conto: “Os bolechas queren saber como é a policía local”.

8 DE MAIO (7).JPG  8 DE MAIO.JPG  APRENDENDO QUE SIGNIFICAN, 8 DE MAIO (17).JPG

 

 

Confeccionamos sinais de tráfico con material de refugallo e aprendemos o seu significado na asemblea.

7 DE MAIO (3).JPG  7 DE MAIO (2).JPG

Visionamos no ordenador vídeos educativos sobre seguridade vial. 

8 DE MAIO (15).JPG  8 DE MAIO (14).JPG  8 DE MAIO (21).JPG

Contamos coa colaboración de varias familias que nos achegaron á clase diferentes materiais relacionados co tema: unha alfombra cun deseño dunha cidade con estradas, sinais, pasos de peóns, semáforos, institucións públicas,…; pequenas réplicas plásticas de sinais de tráfico; coches e motos de policía; e outros coches variados. 

IMG_0046.JPG  IMG_0075.JPG  IMG_0079.JPG

Como colofón desta semana tan instrutiva tivemos unha visita moi especial: A POLICÍA LOCAL. 

Dende aquí queremos aproveitar para agraceder a pais e nais e, en especial, á policía local de Baiona a súa colaboración. Moitas grazas a todos!!.

 

1 reflexión sobre “SEMANA DA EDUCACIÓN VIARIA

  1. Angeles

    Grazas por achegarnos as actividades desenvolvidas na semana da educación viaria. Nós, na Escola Infantil de Boiro, estamos estudando os transportes e tamén temos planificadas actividades semellantes: agardamos impacientes a visita programada dende hai tempo dos bombeiros. A ver se mellora o tempo para que nos poidan visitar.
    Unha aperta

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará