Para experimentar que as froitas se poden comer de diferentes xeitos, decidimos que os/as nenos/as vivenciasen como se vai transformando un plátano dende que se pela ata que se pode comer en estado líquido. Os/as nenos/as disfrutaron moito nesta experiencia e mostráronse moi participativos.
O primeiro que fixemos foi manipular e observar o plátano, tamén o abrimos. Non é tan difícil como parece!!!.
Puxemos mans a obra para facer o batido, uns botamos o plátano, outros o leite e por último batémolo!!!.
Cando rematamos, enchemos os nosos vasos e que bo estaba!!!. Case todos repetimos.
Para finalizar a nosa experiencia decidimos pintar un plátano, así poderémolo colgar na habitación para lembrarnos do rico que estaba e pedir na casa que tamén nos fagan un batido.