Para que as crianzas coñecesen as sensacións que lles provocan diferentes texturas fixemos varios paneis empregando materiais da vida cotiá: lá, lixa, feltro, plástico de embalaxe e esponxa.
En primeiro lugar, as nenas e nenos tocaron coas súas mans experimentando así as distintas sensacións.
A continuación, tocoulle o turno aos pés. Tiñades que ver as súas caras: cando se afundían na esponxa, cando quedaban pegados no plástico, o suaviña que estaba a lá, …