Nesta ocasión, os alumnos e alumnas da aula de 0-2 tiveron que traballar con imaxes, iso sí, moi próximas a eles/as para facer a actividade máis sinxela.
Nun primeiro momento, a educadora foi a encargada de irlles mostrando, unha a unha, as diferentes imaxes e explicando o que se vía en cada unha delas.
A continuación, as crianzas convertéronse nas protagonistas tendo que atopar, cada unha delas, a imaxe que a educadora lles pedía en cada momento. É incrible o ben que o fixeron todos/as.
Por último, os nenos e nenas puideron observar e manipular libremente todas as imaxes. A verdade é que estiveron moi inxeniosos/as e graciosos/as nos comentarios que se dicían entre eles/as.
OLA SOMOS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS DO COLEXIO DE AGUIÑO (RIBEIRA). ESTAMOS FACENDO UN PROXECTO SOBRE OS BEBÉS (EMBARAZO, PARTO, LACTACION, COIDADOS…). ENTRAMOS NAS VOSAS GALESCOLAS PARA APRENDER MOITAS COUSAS, E PARA VER COMO APRENDEN OS NENOS E AS NENAS DE 0 A 3 ANOS. MOITAS GRAZAS POR TODO O QUE TEDES COLGADO NOS VOSOS CADERNOS (BLOGS).
GUSTARIANOS QUE NOS MANDÁRADES A LETRA DALGUNHA CANCIÓN, POEMIÑA…CAS QUE TRABALLADES NAS AULAS. O NOSO EMAIL É: calcetins5@gmail.com
http://www.tendaldecalcetins.blogspot.com/