Día do libro infantil

 O 2 de abril celebrouse o día internacional do libro infantil conmemorando así o día do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés famoso polos seus contos para nenos/as, entre eles “O parruliño feo”, “O soldadiño de chumbo” ou “As zapatillas vermellas”, entre outros.

 As/os nenas/os da Escola Infantil de Oia fixeron a súa particular celebración, facendo diferentes actividades que xiraron en torno ao conto “O pequeno parrulo”.

Así, na aula de 2-3 contouse primeiro o relato e logo preparouse un decorado (as crianzas pintaron un estanque utilizando esponxas), para que, máis tarde, todas as educadoras do centro representaran o conto.

        IMG_0005.JPG          IMG_0008.JPG      

Para esta ocasión os/as nenos/as de 0-2 fixeron unha pequena excursión a aula de 2-3 para poder presenciar todos/as xuntos/as a representación levada a cabo polas educadoras.

Este conto narraba a historia dun parruliño que ía desexando partes do corpo de diferentes animais:

IMG_0012.JPG     IMG_0019.JPG     IMG_0020.JPG

a cola dun esquío         a crista dun galo         a trompa dun elefante  

Cada un deles ían entregándolle ao parrulo aquelas partes do corpo que ía desexando. No momento no que o parrulo se quiso bañar no estanque cos seus amigos, deuse conta de que pesaba demasiado e desexou volver a ser de novo un parrulo.

Como podedes ver, os nenos e nenas non perderon detalle algún:

 IMG_0024.JPG     IMG_0026.JPG     IMG_0029.JPG

Xa por último, na aula de 0-2, unha vez de volta, cada neno/a pintou o seu propio parrulo para colocar nun estanque feito tamén por eles/as.

IMG_0047.JPG        IMG_0051.JPG        IMG_0057.JPG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará