Neste mes de abril foron tres os aniversarios que festexamos na nosa Escola Infantil: Brais De Oliveira, Lucía e María. Queredes velos??
Facendo e entregando os agasallos:
Tirando da piñata:
Na festa:
Neste mes de abril foron tres os aniversarios que festexamos na nosa Escola Infantil: Brais De Oliveira, Lucía e María. Queredes velos??
Facendo e entregando os agasallos:
Tirando da piñata:
Na festa:
Para que as crianzas coñecesen as sensacións que lles provocan diferentes texturas fixemos varios paneis empregando materiais da vida cotiá: lá, lixa, feltro, plástico de embalaxe e esponxa.
En primeiro lugar, as nenas e nenos tocaron coas súas mans experimentando así as distintas sensacións.
A continuación, tocoulle o turno aos pés. Tiñades que ver as súas caras: cando se afundían na esponxa, cando quedaban pegados no plástico, o suaviña que estaba a lá, …
O 23 de Abril foi o turno dunha das celebracións máis importantes do ano: o Día do Libro. Dende a Escola Infantil de Oia pretendemos, diariamente, fomentar a lectura dos/as máis pequenos/as.
Ademais disto, hoxe concretamente realizamos un marcapáxinas aproveitando os centros de interese cos que estamos a traballar: a primavera e “os curros”.
Por último, os/as nenos/as aprenderon a utilidade do marcapáxinas que realizaron e o levaron para as súas casas.
Esta actividade estivo encaminada a que os nenos e nenas de 0-2 gozaran todo o posible tocando e manipulando diferentes materiais/productos ao tempo que, inconscientemente, aprendían moitas cousas (textura, cor, peso, …). Os materiais seleccionados foron fariña, area e “polispán” que depositamos en tres gavetas.
A continuación, as educadoras agochamos varios obxectos non moi grandes para que as crianzas os atopasen remexendo. A verdade é que lles gustou moitísimo e repetían continuamente: “Outra vez, outra vez”.
Un dos eixos fundamentais da práctica educativa na educación infantil é partir do contorno máis cotiá e próximo do/a neno/a. Por iso na nosa programación temos recollidos temas como os castros, os curros e os faros por formar parte da tradición e patrimonio cultural do concello de Oia.
Nesta última semana os nenos e nenas acaban de descubrir os castros, as casiñas de pedra e palla onde viviron os nosos antepasados os celtas. Con anterioridade estivemos un tempo traballando as estancias propias das súas casas facendo unha pequena “réplica” das mesmas (recortando obxectos, mobles,…. de revistas e pegándoas na parte da casa correspondente).
Varias foron as actividades que levamos a cabo en relación aos castros, entre elas destacamos:
As crianzas quedaron entusiasmadas con todo o que aprenderon e co traballo feito. Ademais houbo familias que se implicaron moitísimo e levaron aos/ás seus/súas fillos/as aos “asentamentos castrexos” situados en Oia ou no concello colindante de A Guarda. Aquí podemos observar a un deles relatándonos a súa experiencia:
Esta mesma semana, e seguindo a mesma liña metodolóxica comezamos a traballar os cabalos e os curros; xa vos contaremos proximamente como foi a experiencia.
Nesta ocasión, os alumnos e alumnas da aula de 0-2 tiveron que traballar con imaxes, iso sí, moi próximas a eles/as para facer a actividade máis sinxela.
Nun primeiro momento, a educadora foi a encargada de irlles mostrando, unha a unha, as diferentes imaxes e explicando o que se vía en cada unha delas.
A continuación, as crianzas convertéronse nas protagonistas tendo que atopar, cada unha delas, a imaxe que a educadora lles pedía en cada momento. É incrible o ben que o fixeron todos/as.
Por último, os nenos e nenas puideron observar e manipular libremente todas as imaxes. A verdade é que estiveron moi inxeniosos/as e graciosos/as nos comentarios que se dicían entre eles/as.
O 2 de abril celebrouse o día internacional do libro infantil conmemorando así o día do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés famoso polos seus contos para nenos/as, entre eles “O parruliño feo”, “O soldadiño de chumbo” ou “As zapatillas vermellas”, entre outros.
As/os nenas/os da Escola Infantil de Oia fixeron a súa particular celebración, facendo diferentes actividades que xiraron en torno ao conto “O pequeno parrulo”.
Así, na aula de 2-3 contouse primeiro o relato e logo preparouse un decorado (as crianzas pintaron un estanque utilizando esponxas), para que, máis tarde, todas as educadoras do centro representaran o conto.
Para esta ocasión os/as nenos/as de 0-2 fixeron unha pequena excursión a aula de 2-3 para poder presenciar todos/as xuntos/as a representación levada a cabo polas educadoras.
Este conto narraba a historia dun parruliño que ía desexando partes do corpo de diferentes animais:
a cola dun esquío a crista dun galo a trompa dun elefante
Cada un deles ían entregándolle ao parrulo aquelas partes do corpo que ía desexando. No momento no que o parrulo se quiso bañar no estanque cos seus amigos, deuse conta de que pesaba demasiado e desexou volver a ser de novo un parrulo.
Como podedes ver, os nenos e nenas non perderon detalle algún:
Xa por último, na aula de 0-2, unha vez de volta, cada neno/a pintou o seu propio parrulo para colocar nun estanque feito tamén por eles/as.
Nesta sesión do obradoiro dos sentidos as crianzas descubriron, nun primeiro momento, o son dos instrumentos. Para isto, a educadora foi mostrándollos un a un e contándolles como había que facer para que soaran.
A continuación, os nenos e nenas manipuláronos libremente facéndoos soar.
Por último, todos/as xuntos/as acompañamos a canción “Pi, pi, pi, pita o longo tren” cos diferentes instrumentos seguindo o mellor posible o compás da música.