A boneca
Seguimos xogando e aprendendo co noso corpo. E ademais a nosa boneca xa ten nome. Chámase Maruxa e xa é unha compañeira máis de xogos:

Entre todos/as estámola deixando moi guapa!

A boca O nariz e as pestanas Os zapatos
Cremos que a actividade non remata aquí. Maruxa vainos servir de eixo motivador doutras experiencias máis. A nosa proposta é que sexa outra “escusa” para levar a escola á casa, ou que a casa veña á escola. A idea é que cada neno/a a leve unha fin de semana e que logo, a través da axenda diaria, ou eles/as mesmos/as, nos conten que fixeron con Maruxa (se a levaron ao parque, se durmiron con ela, se a peitearon,…). Que vos parece?
Os títeres
O conto de Carapuchiña vermella é ideal para traballar as partes da cara, ademais de ser un clásico de moita acollida entre os/as máis cativos/as, sobretodo, se o contamos cun monicreque. A capacidade de atención foi exemplar!
.JPG)
A cara
Este “panel da cara” é unha ferramenta moi sinxela de facer e sérvenos como recurso para traballar durante todo o curso. As caras que fixeron os/as nenos/as foron moi graciosas: ollos tortos, bocas na fronte,… Temos que seguir traballando pero estamos no bo camiño.
.JPG)
As fotos
Ter as fotos pola aula provoca moita curiosidade aos/ás nenos/as.
Quen é este/a?
A silueta
Logo de facer a silueta, traballamos con diferentes materiais e técnicas para completar o debuxo do noso corpo. A verdade é que traballamos moito.

O traballo está sendo moi productivo e observamos os progresos que van facendo os/as nenos/as. Dende que comezamos a actividade observamos situacións na aula que nos provocan o sorriso e nos confirman que as aprendizaxes estanse interiorizando. Por exemplo, é moi habitual velos/as tocándose os ollos entre eles/as ou cando están xogando cos peluches nomear e tocar as partes de corpo.