A madrugada do mércores 20 de febreiro entre as 4:00 e 5:00 horas tivo lugar un eclipse total de Lúa visible en toda Galicia.
Un eclipse de Lúa ocorre cando a Terra se interpón entre o Sol e o noso satélite natural. Podemos distinguir tres etapas: penumbral, parcial e total. Ao longo das mesmas, a Lúa cambia a súa apariencia e a súa totalidade vólvese avermellada.
Dende a escola intentamos traballar o eclipse, realizando unha serie de actividades:
-
Na asemblea falamos sobre o Sol e a Lúa, o día e a noite e o eclipse lunar.
-
Lemos o conto “Papá, por favor, achégame a Lúa”.
-
Representamos un eclipse lunar. Fíxose de noite na aula, saiu a Lúa e volveuse vermella.
-
Buscamos a noticia no xornal.
-
Pintamos unha Lúa de dobre cara (branca e vermella) con material de refugallo.
Como podedes imaxinar a representación do eclipse foi a actividade estrela. A cara de asombro de todos/as os/as presentes compensa con creces todos os esforzos!