Un novo irmanciño na casa de Brais

O xoves 17 de xaneiro quedamos todos e todas encantados e encantadas coa boa nova que trouxo Brais de Oliveira á clase: nacera o seu irmán!

Aproveitamos o momento da asemblea para conversar sobre os bebés e do importante que é ser o irmán maior.

A verdade é que Brais non tiña moitas ganas de falar do tema, darémoslle un tempo para que se faga a nova situación…seguro que logo quererá contarnos as monecadas que fai o seu irmán, canto axuda os seus pais e sobre todo canto xoga con él!

 FOTOS 2 015.jpg  IMG_4171.JPG

Parabéns para toda a familia!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará