Arquivos mensuais: Xaneiro 2008

DISFRUTANDO DO ENTROIDO

Todos xuntos festexamos o Entroido: fixemos murais, elaboramos os disfraces, degustamos productos típicos, decoramos caretas e antifaces e aprendimos esta canción.

                    P10100131.JPG

                             Eu quérome disfrazar

                             collerei un gorriño

                             e serei un ananiño.

                             Eu quérome disfrazar

                             collerei un nariz

                             e serei o paiaso Pim.

                             Eu quérome disfrazar

                             collerei un sombrerete

                            e serei un moneco de neve.

  festexando o entroido 008.jpg       festexando o entroido 011.jpg       entroido 2008 (30).jpg

   Elaborando o disfraz        Obradoiro do gusto         Disfrazándonos

FESTEXANDO O DÍA DA PAZ

24 xaneiro 08 (3).JPG   festexando a Paz 020.jpg   festexando a Paz 033.jpg

Pintamos pombas        As nosas mans           Tiramos globos brancos

festexando a Paz 046.jpg      festexando a Paz 025.jpg

  Xogamos a roda                                    Fixemos un mural

TODOS E TODAS POLA PAZ

Nesta semana tan “carnavalera” na nosa escola e aínda que as nosas crianzas son moi cativiñas non nos imos esquecer de festexar todos xuntos o Día da Paz. Actividades que se reflexan na programación anual que están presentes ao longo do curso teñen mención especial nestes días.

peace.jpg

                   “Non hai camiños para a PAZ; a PAZ é o camiño.”

                                            Mahatma Gandhi

Respetar os turnos na asemblea e fomentar os hábitos de cortesía na acción e na linguaxe, compartir xogos e xoguetes, regalarnos debuxos, apertas e bicos, observar imaxes e aprender a clasificalas en boas e malas accións é unha pequena mostra do que se pode facer dende a escola para fomentar actitudes de respeto e tolerancia que nos leven a un mundo en PAZ.

Xa temos 1000 visitas!!

Estes parabéns son hoxe para todos os que entrades dentro da nosa escola a través desta ventá, motivo de ánimo para seguir compartindo as nosas experiencias.

Gustaríanos darlles as gracias a todas as escolas que fan o esforzo de compartir o seu traballo e que nos aportan tantas ideas!

E, cómo non, gracias 1000 para as nosas crianzas das cales aprendemos cousas novas todos os días!

             Gracias.png

DISFRUTANDO DO ENTROIDO NA COMARCA

O domingo 27 de xaneiro terá lugar na Praza do Seixo en Tomiño a Festa da Filloa e Orella como anticipo do Entroido. Os prezos dos productos serán populares é haberá música e xogos para os máis cativos e cativas.

Tamén en Tui, celebrarase un Desfile-Concurso o martes de Entroido, a partir das 18.00h. O prazo de inscrición para participar está aberto ata o venres 25 de xaneiro, no Departamento de Cultura ou no Rexistro de Entrada do Concello. Establécese a participación dun máximo de vinte comparsas, por orde de inscrición, coa salvidade de que nunca unha comparsa de Tui quedaría fóra do desfile.

Neste concurso poderán participar comparsas integradas por un mínimo de vintecinco persoas disfrazadas, que poderán ir acompañadas de carroza, cun máximo de catro metros de altura, e de acompañamento musical, xulgándose nesta categoría que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais.Animádesvos?

Un novo irmanciño na casa de Brais

O xoves 17 de xaneiro quedamos todos e todas encantados e encantadas coa boa nova que trouxo Brais de Oliveira á clase: nacera o seu irmán!

Aproveitamos o momento da asemblea para conversar sobre os bebés e do importante que é ser o irmán maior.

A verdade é que Brais non tiña moitas ganas de falar do tema, darémoslle un tempo para que se faga a nova situación…seguro que logo quererá contarnos as monecadas que fai o seu irmán, canto axuda os seus pais e sobre todo canto xoga con él!

 FOTOS 2 015.jpg  IMG_4171.JPG

Parabéns para toda a familia!

A chegada…

Despois dun tempo esperando chegaron as crianzas a nosa galescola!! Este é un pequeno resumo gráfico do que foron os primeiros días, pouco a pouco irémosvos contando como é a nosa andaina. 

As rutinas

Aula 0-2

 adaptación en oia (3).jpg     adaptación en oia (4).jpg     adaptación en oia (12).jpg

Como me chamo?        Quen veu ao cole?        Que día é hoxe?

Aula 2-3

 adaptación en oia (14).jpg     fotos adrian 109.jpg     fotos adrian 107.jpg   

Traballando xuntos      Traballo individual        Facendo a fila