Dende a Escola Infantil de Oia desexámosvos unhas moi felices festas e que o Ano Novo manteña a nosa ilusión e ánimo para seguir tecendo a rede.
Premede aquí:
Dende a Escola Infantil de Oia desexámosvos unhas moi felices festas e que o Ano Novo manteña a nosa ilusión e ánimo para seguir tecendo a rede.
Premede aquí:
Un total de 23 magos e 50 concellos de toda Galicia configuran o cartel do II circuíto galego da maxia “Nadal Máxico 2007”.
Trala positiva acollida do ano anterior amplíase o número de concellos participantes coa idea de dar a coñecer a todos os públicos o traballo que realizan os magos galegos.
Para saber máis: http://www.magosgalegos.com/nadalmaxico/
A menos dun mes da chegada das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e na necesidade de elexir o mellor xoguete para os/as nosos/as cativos/as é preciso recordar que nas mans dun/dunha neno/a calquera obxecto pode converterse en material de xogo, acompañando e estimulando a actividade lúdica coa mesma intensidade e valor que o xoguete comercializado.
A Academia Norteamericana de Pediatría suxire os seguintes xoguetes para idades específicas:
– Recén nacidos/as ata 1 ano de idade: Xoguetes que chamen a atención do/a neno/a por ser interesantes á vista, oído e tacto.
– Nenos/as de 1 a 2 anos: Nesta idade, os/as nenos/as son moi curiosos/as e non teñen sentido do perigo. É importante supervisalos. Os mellores xoguetes para esta idade inclúen libros de tea ou plástico con ilustracións grandes, xoguetes con pezas que se unen e xoguetes de formas diferentes.
– Nenos/as de 2 a 5 anos: Os/as nenos/as a esta idade empezan a desenvolver habilidades como montar en triciclo, mellor control dos dedos e a habilidade para construír con bloques grandes. Unha boa opción é regalarlles materiais non tóxicos para debuxo ou artes manuais, libros, instrumentos musicais e xogos de uso ao aire libre .
– Nenos/as de 5 a 9 anos: Os xoguetes para estas idades deben axudar aos/ás nenos/as a fomentar o desenvolvemento de habilidades e da creatividade. Os xoguetes apropiados inclúen cordas para saltar, patíns, trens eléctricos, marionetas de man e equipo deportivo.
– Nenos/as de 10 a 14 anos: Nesta idade, os/as nenos/as gozan os deportes e xogos en equipo que requiren do desenvolvemento de destreza. As actividades físicas vigorosas tamén son populares a estas idades. Os/as nenos/as empezan a desenvolver pasatempos e un forte interese en actividades científicas. Son apropiados as computadoras, microscopios, xogos de mesa e equipo para deportes ao aire libre.
O Instituto Galego de Consumo tamén nos fai as seguintes RECOMENDACIÓNS:
– Observar se é axeitado para a idade dos/as nenos/as.
– Comprobar que leva a marca CE, que indica que o xoguete é seguro .
– Comprobar a etiqueta e ler as instrucións, con especial atención ás advertencias de riscos e indicacións de seguridade.
– Conservar as instrucións, a garantía e os tickets de compra.
Debemos EVITAR:
– Influenciarse pola publicidade e polo aspecto da caixa.
– Xoguetes violentos e sexistas.
– Xoguetes sen etiquetas ou instrucións en galego ou castelán.
– Riscos dos elementos da embalaxe: grampas, bolsas de plástico,…
Tamén é IMPORTANTE:
– Vixiar o xogo dos/as nenos/as e asegurarse de que adoptan conductas seguras.
– Tomar o tempo necesario para aprenderlles o uso correcto dos xoguetes.
– Comprobar os xoguetes con regularidade e desfacerse deles cando rompan.
Para saber máis: http://www.jugueteseguro.com/web/cas/index.asp
O próximo domingo 16 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio de Goián a compañía de títeres Tanxarina presentará “Sombreiros sen chapeu”. |
Unha obra creada coa técnica de sombras chinesas onde a silueta negra é a protagonista. A través de oito pequenos relatos contan historias para o divertimento e contemplación dos espectadores.
A obra vai dirixida a un público familiar e recomendada para nenos maiores de seis anos. |