Achegándose o tempo de festexar o Nadal, queremos facilitarvos unha serie de propostas para desenvolver na escola coas vosas crianzas:
Aproveitamos estas datas para facer obradoiros de colorear que tanto lle gustan aos nenos e ás nenas.
Elixide o voso premendo aquí: IMAXES PARA COLOREAR.doc
CONTOS DE NADAL
Os relatos e os contos son o fío conductor de moitas das actividades da escola e no Nadal tampouco poden faltar:
GUSTI e ALCÁNTARA, R.: Tento e mailo Nadal. Editorial Edelvives, 2001.
CARREIRO, P.: Os Bolechas festexan o Nadal. Editorial A Nosa Terra, Vigo, 2006.
ABRIL, P.: ¿Sodes vós os Reis Magos?. Editorial Galaxia, 1998.
QUESADA, M. e PEROZO, J. A.: Noite de Reis en Kalpankalá. Editorial Everest, 2006.
MELGAR, H. e CASALDERREY, F.: Derradeira carta ós Reis Magos. Editorial Xerais, 2002.
ANDERSEN, H. C.: A vendedora de mistos. Editorial Kalandraka, 1999.
GARDELLA, M. A.e POCH, J. A.: O cazador. Editorial Galaxia, 1992.
PANXOLIÑAS PARA ESCOITAR E CANTAR
Cancións de Nadal, de hoxe e de sempre, para acompañarnos na aula. Nestas páxinas atoparedes algunhas das máis representativas:
http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html
http://especiais.vieiros.com/nadal2003/panxolinas.php
http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=3835
http://vello.vieiros.com/nadal97/panxolinnas.html
http://www.geocities.com/lendas.geo/villancico/midis.htm
http://www.guiainfantil.com/servicios/musica/villan/indice.htm
ADORNOS DE NADAL
Estas son algunhas das nosas propostas, todas elas moi sinxelas de facer coas crianzas, para traballar o Nadal dende a escola.
Grilandas
Móbiles
Árbore de Nadal e Belén
Tarxetas
Adornos de parede
Mural
¡Qué chuli el blog! Seguro que los niños y los papis estarán encantados 😉
Os seguiremos de cerca, y os invitamos a visitar el nuestro:
http://montedaguia.blogspot.com
¡Biquiños!
Co voso traballo continuado estádesvos constituíndo nun verdadeiro centro de recursos para a rede.
Unha vez máis, parabéns polo voso traballo e pola vosa constancia e moitos ánimos para seguir traballando.
Bicos para todo o equipo.