CELEBRANDO O NADAL

Con motivo da chegada do Nadal, os Concellos da zona comezan a ofertar diversas actividades para nenos/as e adultos que servirán de entretemento e diversión: 

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal pon en marcha o programa “Divírtete no Nadal”. 

A programación, que se desenrolará nos cascos urbáns de Goián e Tomiño, consta de dúas partes: unha pensada para as familias, con exhibicións de baile, concertos de música, maxia, títeres e teatro; e outra pensada para os máis cativos/as que inclúe obradoiros (elaboración de gorros e adornos do Nadal, globoflexia, maquillaxe, redacción de cartas para os Reis Magos); xogos (sogatira, paracaídas, rá, diábolo, carreira de sacos); animación de rúa (Papá Noel, zancos, duendes do Nadal, carteiros reais, paxes, Reis Magos) e espectáculos varios (bonecos de neve, LLila e Paspallás, Rei Midas, etc), que rematarán coa tradicional Cabalgata de Reis o próximo 5 de xaneiro.

divirtetenadal.jpg

 Curso de elaboración de adornos de Nadal no Rosal 

O concello do Rosal desenvolverá, os sábados 15 e 22 de decembro, un curso de elaboración de adornos de Nadal, destinado a nenos/as e adultos, polo que poderán asistir pais, nais e fillos/as xuntos. 

O curso desenvolverase en horario de 10h00 a 13h00 no Centro Polivalente do Rosal, sempre que se acade un número mínimo de participantes e terá un custe de 5 euros por persoa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará