21 DE NOVEMBRO – DÍA MUNDIAL DA TELEVISIÓN

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou Día Mundial da Televisión o 21 de novembro, en conmemoración da data en que se celebrou en 1996 o primeiro Foro Mundial de Televisión nas Nacións Unidas.

tele 6.jpg
É indubidable que a televisión é o medio de comunicación que máis forza ten actualmente no mundo a pesar do pulo das novas tecnoloxías. A finalidade deste día mundial é, como indica Nacións Unidas, promover unha televisión que, ademais de entreter, promova unha cultura de paz, seguridade e desenvolvemento. Pero, quizais, a situación actual das televisións de todo o mundo, en especial nos países do Norte, non se achegue moito a estas aspiracións.
Familiares e educadores/as deben reclamar das televisións un entretemento intelixente e unha programación de calidade. Como espectadores/as temos a posibilidade de votar a diario co mando a distancia contra programas que son un obstáculo contra a cultura, que desinforman, que atentan contra os dereitos fundamentais. TV si, pero dende a altura decente dos ollos dos nenos e nenas.


Actividades para fomentar unha televisión educativa e de calidade:
 

 

  • Asemblea: a televisión e as súas alternativas.
  • Establecer un día sen televisión: que os alumnos e alumnas aprendan como vivía a xeración dos seus avós e avoas sen este medio e que actividades de ocio alternativas se poden establecer.
  • Coñecer os diferentes programas de televisión que existen.
  • Construír unha televisión con material de refugallo entre todos/as os/as alumnos/as.
  • Dar noticias sinxelas pola televisión (aniversario de Mickey Mouse, Día dos Dereitos do Neno, …).
  • Coñecer os trazos máis importantes da historia da televisión.
  • Asemblea: a televisión e as súas alternativas.
  • Debuxar algunha imaxe ou acción do programa de televisión que máis nos gusta.
  • Dramatización sobre as recomendacións e normas que debemos seguir para mirar a televisión (distancia, volumen, posturas,…).
  • Folleto informativo para levar a casa sobre as recomendacións que traballamos na aula e as consecuencias dun mal uso.
  • Contamos o conto “Os Bolechas. A televisión”.
  • Mural colectivo “Mírame ben”, sobre como facer un bo uso da tele.
  • Mirar un rato a televisión (diferenciar os anuncios dos programas).
  • Presentar outros medios de comunicación.
  • Visita do experto: charla aos pais e nais sobre o bo uso do medio de comunicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará