16 DE NOVEMBRO – DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA

O Día Internacional para a Tolerancia concentra a atención do mundo na tolerancia como condición imprescindible para a paz, a democracia e o desenvolvemento sostible.
A tolerancia consiste no respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e medios de ser humanos. Foméntana o coñecemento, a actitude de apertura, a comunicación e a liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión. A tolerancia consiste na harmonía na diferenza. Non só é un deber moral, senón ademais unha esixencia política e xurídica.
O Día Internacional da Tolerancia pode ser unha ocasión anual da educación para a tolerancia, así como de reflexión e debates sociais e políticos de maior alcance sobre os problemas de intolerancia locais e mundiais.
A UNESCO propón dez ideas para a celebración do Día Internacional da Tolerancia: 

1. Diversidade na comunidade.
2. Dereitos humanos.
3. Programa individual de tolerancia.
4. Non á violencia.
5. Diversidade ecolóxica e diversidade humana.
6. Tolerancia relixiosa.
7. Actualidades.
8. Deportes e tolerancia.
9. Creatividade no traballo.
10. Vínculos internacionais.

Nós dende a escola fomentaremos a tolerancia a través do traballo en equipo con diversas actividades:

– Compartimos xogos e xoguetes.

– Facemos un debuxo para regalar a un/unha compañeiro/a.

– Xogamos aos bicos e apertas entre nós.

– Incluímos a todas as crianzas nas actividades.

– Realizamos un mural da Tolerancia.

– Falamos na asamblea diaria das actitudes de respecto cara aos demais.

– Buscamos noticias nos medios de comunicación sobre accións negativas e positivas.

– Traballamos hábitos de cortesía na linguaxe e na acción.

– Observamos imaxes relacionadas coa tolerancia e a intolerancia.

– Clasificamos as imaxes en positivas e negativas.

– Aprendemos danzas e bailes sinxelos de distintas partes do mundo.

– Practicamos deportes de grupo.

– Escoitamos músicas  de diferentes culturas.

– Realizamos un Obradoiro de cociña multicultural.

– Organizamos unha visita á aula dun pai o nai doutra nacionalidade.

– Preparamos a visita dun experto membro dunha O.N.G. que nos fale da súa labor humanitaria.

Para máis información: http://aulaintercultural.org/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará