ESPECTÁCULO INFANTIL EN TUI

Os nenos de 3 a 6 a seis anos son os principais destinatarios da obra de teatro de monicreques “El Elefantito” que este venres chega a Tui da man da compañía madrileña “La Canica”. 

“El Elefantito”, baseada nun conto de Kipling, xoga coa manipulación de obxectos domésticos coma pinzas da roupa, luvas, plumeiros ou almofadóns, para construir os distintos animais que protagonizan esta historia e estimular a imaxinación dos/as cativos/as. Tendo en conta a idade á que vai dirixida a obra intercálanse cancións con letras sinxelas e ritmos marcados. 

A obra conta a historia dun pequeno elefante que levado pola súa curiosidade de saber que come o crocodilo emprende unha viaxe que o leva a coñecer un mundo ata entón descoñecido para el. 

 Lugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 Tui. 

Data: Venres 9 de novembro  ás 20.00h. 

Prezo: 2,5€ – 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 12 anos (retirada de localidades dende ás 16.30h). 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará